top of page
PAULO E MARCELO-17.jpg

FOTOGRAFÍA SOCIAL

Recordos en forma de bicos roubados e risas provocadas. Non hai mellor acerto que conxelar esos momentos para sempre.

PANADERÍA-65.jpg

FOTOGRAFÍA DE PRODUCTO

Como decía Jobs, un non sabe o que quere ata que llo ensinan.

É por iso que ter boas imaxes dos nosos produtos ou servizos é unha peza clave para que un negocio acade o éxito hoxe en día.

VIDEOCLIP

A música concede aos artistas o poder de contar historias infinitas. As súas letras abren portas que deixan entrever os seus sentimentos máis íntimos...

e sacan á luz os nosos. 

Se xuntamos o son coa imaxe, as vivenzas narradas cobrarán vida e serán máis intensas as emocións espertadas.

 

Animádesvos a darlle vida ao voso proxecto?

RAW Y CARLA-3.jpg
GYMSAILOR-75.jpg

SPOT PUBLICITARIO

Se tedes un novo produto ou servizo que mostrar, unha campaña, unha inauguración dun negocio ou simplemente queredes ser diferentes e promocionarvos, o noso equipo estará encantado de poder axudarvos.

_SMA3940.JPG

VÍDEO SESIÓN

Os recordos son a mellor forma de aferrarnos as cousas que queremos, as cousas que somos e as cousas que non queremos deixar de ver nunca.

Somos os momentos que vivimos ao longo da vida xunto a xente que queremos. E non hai mellor forma de gardalos que na maxia dun filme.

VODAS

Queremos contar a vosa historia dunha forma diferente. Coma se só existísedes vós e os vosos. E nada máis.

 

Non nos gusta o convencional. Non nos gustan as poses, os sorrisos forzados, as emocións provocadas.

Gústanos poder lembrar eses nervios mentres che abrochaban o vestido. As bágoas cando te viron por primeira vez. O abrazo sincero dos vosos mellores amigos. O sorriso nervioso cando te viu aparecer. E o bico que lle deches para que se calmase. A vosa complicidade e o voso amor sincero. A calor da vosa familia. E, como non, as ganas de vivir ese día coma se fose o último.

 

Que non vos deades conta de que estamos aí pero, en realidade, estaremos en cada momento.

PREVODA

Moitas personas, entre as que nos incluímos, sinten un pouquiño de vergoña ao porse diante da cámara... e máis se se trata de facer o ganso ou de rirse a gargalladas!

​Por iso, a nós, encántannos os vídeos de prevoda. Non só polo feito de axudarvos a que vos soltedes diante da lente, senón porque tamén son unha marabillosa oportunidade para coñecervos e descubrir a vosa historia.

POSTVODA

Sen dúbida, Galicia ofrécenos infinidade de posibilidades, xa que moi facilmente podemos pasar da montaña ao mar, do verde máis profundo ao azul máis intenso, que combinan ás mil maravillas cun vestido de noiva.

Contar unha historia así só dependerá das ganas, o interés ou, incluso, a valentía de cada parella.

Atrevédesvos?

IMG_6165.jpg
IMG_3591.jpg

CREACIÓN DE CONTIDO

Hoxe en día, un perfil de RRSS é o mellor dos escaparates para o voso negocio. Polo tanto, contar cun contido diferenciador e de calidade será esencial para sacar o máximo potencial a esta ferramenta. 

IMG_3592.jpg

XESTIÓN DE RRSS

Se ben ter un contido de calidade é algo moi importante, a súa boa xestión é fundamental para ter o perfil idóneo.

O noso equipo traballa para facilitar esta labor e dar valor ao voso negocio.

TES UNHA IDEA?

Se tes unha idea sobrevoando a túa cabeza que non está englobada nos servizos arriba descritos, non dubides en porte en contacto co noso equipo.

Valoraremos a túa proposta e ofrecerémosche un asesoramento totalmente gratuíto! 😁​ 

bottom of page